Nesta ocasión, xunto aos representantes da empresa, na recepción dos xoguetes estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a tenente de alcaldesa, Míriam Bermúdez.
“Un ano máis trasladamos o noso agradecemento a Viaqua, pola doazón destes xoguetes e o seu compromiso coa veciñanza da vila”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“Esta doazón axudará a manter a ilusión e maxia dunha época do ano tan especial para todos, sobre todo para os máis pequenos”, engadiu a tenente de alcaldesa, Míriam Bermúdez.
Os xoguetes doados por Viaqua serán entregados aos nenos e nenas que forman parte dos diferentes programas de atención que se levan a cabo ao longo do ano dende os Servizos Sociais do Concello de Viveiro e que atenden as necesidades económicas, de educación, lecer e dan apoio psicopedagóxico ás familias.