Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas tras colidiren un turismo e un camión en Rábade

Rábade, 31 Xaneiro, 2024. O sinistro produciuse na N-VI, á altura do punto quilométrico 515, e contou coa colaboración dos Bombeiros de Vilalba, aínda que, finalmente, non foi necesario excarcerar.

Faltaban apenas uns minutos para as catro desta tarde, cando o 112 Galicia recibiu os primeiros datos dun choque entre un turismo e un camión en Rábade. Segundo esa información inicial, habería persoas atrapadas dentro do coche, polo que sería deberían intervir os bombeiros. Así que, xunto cos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa estaban en camiño, formaron parte do operativo de intervención.

Pouco despois, sumáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico, quen, unha vez no lugar dos feitos, estimaron que sería necesario empregar os equipos de excarceración para liberar persoas atrapadas no turismo. Sen embargo, ao remate da súa actuación, os Bombeiros de Vilalba confirmaron que o rescate descartouse, e que lamentable había unha persoa falecida e outras dúas, que resultaron feridas e foron evacuadas ao centro hospitalario de referencia.

Por último, deberon intervir os equipos de limpeza e mantemento da vía, neste caso do Ministerio de Fomento, a causa dos restos do accidente que quedaron na calzada.

Exit mobile version