Site icon Crónica3.com A Mariña

Un tren de pasaxeiros chocou contra unhas árbores no Vicedo sen rexistrarse danos persoais

O Vicedo, 2 de xaneiro, 2024. Cubría a ruta entre Ferrol e Oviedo e a bordo viaxaban oito pasaxeiros e o maquinista, que resultaron ilesos.

Pasaban poucos minutos do mediodía cando o 112 Galicia tivo constancia do acontecido, a través do persoal de seguridade de ADIF. Naquel momento, explicaban que o tren colidira contra unhas árbores á altura da parroquia San Miguel de Negradas, e que polo menos unha delas quedara enriba do convoi.

Rapidamente, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Ao mesmo tempo, desde ADIF comunicaban que o seu persoal encargaríase da retirada dos obstáculos e de remolcar o tren, tarefas que levan a cabo nestes momentos.

Exit mobile version