Site icon Crónica3.com A Mariña

Un operario foi trasladado en helicóptero tras sufrir un accidente cunha motoserra en Cervo

Cervo, 19 Xaneiro, 2024. O traballador presentaba un corte nunha perna producido por unha motoserra mentras estaba traballando na parroquia de Sargadelos, no municipio de Cervo (Lugo).

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse ás 12:40 horas do día de hoxe, así o indicaban os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiñan en marcha un operativo para a atención do ferido.

En concreto, este operario sufriu un corte na perna coa serra mecánica, e malia que estaba consciente, a lesión requiría a evacuación inmediata, polo que foi trasladado polo helicóptero medicalizado con base en Ourese ao centro hospitalario de referencia.

Ademais do persoal sanitario, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración neste operativo dos membros do GES de Cervo, dos axentes da Garda Civil e de Protección Civil de Cervo.

Exit mobile version