Site icon Crónica3.com A Mariña

Sete firmas de Ribadeo están adheridas á campaña do bono deporte da Xunta

Ribadeo, 9 de xaneiro de 2023. Sete firmas de Ribadeo están adheridas á campaña do bono deporte da Xunta. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima ás familias á solicitalo.

O edil ribadense declarou: “desde o Concello de Ribadeo queremos animar ás familias con nenas e nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos a que soliciten o bono deporte da Xunta de Galicia. Son 120 euros os que a administración galega concede para a compra de material destinado á práctica deportiva”.

Silvent dixo que “os bonos poden solicitarse ata o 29 de febreiro. E despois poderán consumirse ata o vindeiro 1 de xullo”.

E engadiu: “en Ribadeo son sete os locais adheridos a esta campaña da Xunta de Galicia: Hola Ola e Hola Ola Outlet, Deportes Docobo, Jatay, BeOne, Coco e Pilla Bikes”.

Exit mobile version