A fin de semana pasada os vales foron entregados nos colexios de Viveiro, e nesta segunda fin de semana estanse a entregar nos colexios CEIP plurilingües Virxe do Carme e Vista Alegre de Burela, CEIP de Cervo e CEIP Península de la Paz en Cervo, CEIP do Vicedo, e CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove, chegando así a outros colexios da comarca.
Trátanse de vales desconto de 2€ para poder ver 4 películas de animación e aventuras a elexir, “Migración” “Wonka” “Vampiro al Rescate” y “El Fantasma de Canterville”.
É importante recalcar que é necesario entregar o vale físico en taquilla para que se poida aplicar a promoción. Se acude un núcleo familiar e os rapaces entregan os vales, tamén se lles aplicará o desconto ó resto de membros desa unidade familiar.
Así pois, o desconto será directo ó presentar o vale en taquilla, pero tamén se pode canxear previamente ó comprar a entrada online en www.cinesviveiro.com cas indicacións que figuran no propio vale, este sistema é moi rápido e sinxelo e garantiza que xa tes o teu sitio reservado ó chegar, aínda que no momento de entrar non exime de entregar igualmente o vale na entrada. O aforo é limitado e por iso se recomenda o sistema de sacar a entrada online. Igualmente, o cine abrirá as súas portas 30 minutos antes do inicio da sesión para que a xente poida ir con tempo e así intentar evitar as esperas.
O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla. A fin de semana pasada foron moitos os rapaces e familias que acudiron ó cine con esta promoción e que nos trasladaban os parabéns por este tipo de iniciativas, cas que poden desfrutar dunha actividade en familia, a un precio moi asequible e desfrutando de estreas de grandes películas ó mesmo tempo que nas grandes vilas. Un luxazo para Viveiro poder ofertar un tipo de ocio así.