O novo centro pon ao dispor da pacientes da área da Mariña unha carteira con máis dunha decena de servizos, co respaldo do hospital da capital lucense
Ribera Polusa comprou o decembro de 2023, a clínica Fouz de Viveiro, un centro con máis de 15 anos de presenza na localidade e que conta con oito gabinetes, oito postos de fisioterapia, unha sala de radioloxía e unha sala de ortopantomografía.
A nova clínica Ribera Polusa Viveiro está situada na rúa Antonio Bas número 4 e conta cunha carteira de servizo que inclúe, entre outros, Medicina Xeral, Radioloxía, Odontoloxía, Xinecoloxía, Podoloxía, Traumatoloxía, Otorrinolaringoloxía, Uroloxía, Fisioterapia, Unidade da Dor, Psicoloxía e Medicina Estética. Ademais, os pacientes poden acudir ao centro para realizar recoñecementos médicos e de prevención, consultas para crónicos, análises clínicas e consultas de enfermería.
“El hospital Ribera Polusa se acerca a la población de A Mariña lucense facilitándoles el acceso a nuestra cartera de servicios asistenciales. Esta nueva clínica evitará desplazamientos más largos y pone a disposición de los pacientes una oferta inicial muy completa que iremos ampliando con un futuro cercano”, explica o xerente, Javier Atanes. “Estas instalaciones de más de 400 metros cuadrados tienen un gran potencial y queremos aprovecharlo al máximo para mejorar la oferta asistencia a los vecinos de toda el área”.
O comité de dirección do Hospital Ribera Polusa organizou un acto de benvida nas novas instalacións este xoves que contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e representantes de institucións e empresas da zona.
Este novo centro está plenamente integrado na operativa de Ribera Polusa e conta co respaldo en todas as súas actividades e servizos do hospital da capital lucense, así como da toda a rede do grupo sanitario.
Con esta adquisición, o grupo sanitario Ribera reforza a súa presenza en Galicia tras a adquisición en 2019 do Hospital Ribera Povisa de Vigo e o Hospital Juan Cardona de Ferrol en 2021, ademais do centro sanitario e a clínica Santo Domingo da capital lucense en 2020.