Por outra banda, a glorieta que forman o paseo de fachada, variante e ponte da Misericordia presenta numerosos danos: lousas rotas, mal asentadas ou literalmente inexistentes, sumidoiros nos que medra abondosa herba, pranchas metálicas na ponte moi esvaradías , etc. Estes feitos ademais de presentar unha imaxe moi deficiente, ocasionan riscos de seguridade para as persoas que
utilizan de xeito cotiá este paseo, un dos mais emblemáticos do noso concello.