Site icon Crónica3.com A Mariña

Pedro Feijoo estará este xoves na Librería Bahía de Foz

Este xoves, 18 de xaneiro ás 20:30h, estará na libraría Bahía o escritor Pedro Feijoo para falar da súa última novela ‘Ninguén contará a verdade’. Editada por Edicións Xerais. Feijoo é na actualidade o máis popular dos autores de novela negra en Galicia. Con esta a súa última novela, gañou no 2023, o premio Xerais de novela. A historia presenta unha trama de corrupción en Galicia na que están implicados todos os poderes, o mundo da empresa, a banca, a información, a política… Unha historia de ficción, nuns contextos que podemos recoñecer fácilmente e que desnuda as tramas do poder.

Exit mobile version