Alfoz, 5 de xaneiro, 2024. O ano que acaba de rematar déixanos co peche de dous locais importantes para o municipio.
Hai uns meses pechaba o restaurante “A Naranxa”, situado na parroquia de Carballido, despois de 65 anos aberto; 46 nas mans de Antonio, último xerente ata o seu peche. Este local veu pasar a moitas xeracións bailar, onde se coñeceron moitas parellas no salón do restaurante no que anos despois festexaron as súas vodas e o bautizo dos seus fillos e fillas. Hoxe está á espera de que alguén se anime a devolverlle a vida que sempre tivo, xa que está á venda.
Otro que acaba de pechar é a “Parrillada Bar San Pedro”, situado na parroquia de Mor, nun edificio con moita historia xa que foi cárcere, escola e nas tres últimas décadas bar parrillada.
O 30 de decembro, Carmen, a xerente do Bar San Pedro, poñía fin a 36 anos de traballo de apertura ininterrumpida. Carmen comentaba apenada que só pechara no último ano os domingos para descansar e durante a pandemia por imperativo legal.
A Concelleira de Desenvolvemento Local, Judit Casabella, agradécelle a estes dous empresarios a súa gran labor durante tantos anos: “Ademais de ser dous locais onde se comía moi ben, a súa importancia para o municipio vai máis alá do paladar xa que formaban parte de encontros sociais da veciñanza que vai ser difícil de suplir”.
“Desexamos que Antonio e Carmen gocen da nova etapa que comezan e que dalgún xeito lle poidamos devolver a dedicación impecable que nos brindaron tantos anos das súas vidas”.