A primeira parada será nas Escolas, donde a Asociación Cultural e Veciñal “Irmandade San Caetano” organiza a tradicional Tarde de Reis para público infantil e adulto, coa actuación do mago Martín Camiña. Haberá tamén reparto de agasallos e chocolatada e roscón. Desde Irmandade San Caetano convidan a toda a veciñanza de Celeiro de Mariñaos e arredores a a asistir e desfrutar desta entrañable tarde.
Os Reis Magos chegarán a Celeiro de Mariñaos este venres día 5, ás 5 da tarde