Para a candidata do BNG, “unha das primeiras medidas a poñer en marcha é o Plan de Mellora da Atención Primaria, cunha partida de 200 millóns de euros para reforzar a porta de entrada á sanidade pública”. Olalla Rodil afirmou que “é preciso aumentar o número de profesionais en todos os centros de saúde, e incorporar á atención primaria ao persoal de categorías imprescindibles, como psicoloxía clínica ou logopedia, para prestar unha atención integral”.
“A atención primaria foi o ámbito da sanidade que sufriu estes recortes de maneira máis forte”, declarou Olalla Rodil, que engadiu “as consecuencias, masificación de consultas, falta de profesionais, PACs ao límite, repercuten na vida diaria das galegas e galegos”.
Olalla Rodil afirmou que “é urxente reverter estas políticas, acabar cos recortes e as privatizacións, as galegas e galegos podemos darlle a volta a esta situación e recuperar un sistema de sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade”.
O BNG defende a atención primaria como porta de entrada ao sistema de sanidade público. Segundo Olalla Rodil, “temos que cambiar o modelo actual por un no que as persoas sexan o centro, baseado en equipos de profesionais en número suficiente que poidan atender en condicións ás necesidades da veciñanza”.897