Terá lugar ás 10:30 horas na aula OMIX do Centro Sociocultural. Nel proporcionaranse habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que presentan dor aguda e crónica, así como información sobre diferentes alternativas para a avaliación e tratamento da dor. As persoas interesadas en inscribirse na actividade poden facelo ata o 9 de febreiro, presencialmente no Concello de Alfoz ou no teléfono 982 55 80 01. Será impartido por Enrique del Arco Herrero, realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde.