O club cumpriu 100 anos no 2023 e o seu presidente, Luis del Río, recolleu o recoñecemento da Xunta de Galicia, nun acto ao que asistiron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o concelleiro Jesús Fernández. “Un premio moi merecido que recoñece unha traxectoria de cen anos, o Viveiro CF é o clube deportivo máis antigo da nosa vila e un dos máis antigos de Galicia”, asegura María Loureiro.