Site icon Crónica3.com A Mariña

O tradicional desfile de Entroido de Lourenzá cámbiase para o 25 de febreiro por coincidir o Domingo de Piñata coas eleccións autonómicas

O Concello e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) anuncian que “o tradicional desfile de Domingo de Piñata de Lourenzá trasládase para o 25 de febreiro, con carácter excepcional. Este cambio na data ven motivado pola celebración das eleccións autonómicas que terán lugar o 18 de febreiro, coa finalidade de garantir un bo funcionamento de ambas xornadas. Esta modificación só afectará a este ano e nos vindeiros seguirá celebrándose na súa data habitual, igual que sempre”.

Exit mobile version