Tras unhas declaracións realizadas o mércores por Marta Rouco, nas que lamentaba que a Xunta de Galicia pechase a lexislatura “sen atender as principais demandas e peticións por parte do noso concello”, o delegado territorial, Javier Arias, “enviou aos medios de comunicación unha resposta que lle da a razón á alcaldesa”.
“As verdades parece que fan reaccionar á Xunta, pois o mesmo delegado acepta tácitamente o que ano a ano vimos denunciando, nin un só euro en investimentos para Vilalba”, explica Vidal.
“Parece que o entroido ven adiantado, pois facer crer que dar luz á estación de autobuses, que por certo é da Xunta e o que ten que facer é poñela en condicións, ou conceder dúas subvencións de concorrencia competitiva son investimentos e como preguntar a hora e contestar que fai moito sol”, engade.
“Chegou o momento de facer balance, de asumir o que se implica o Goberno autonómico en Vilalba, de pasar ou non o exame; se na escola estiveramos, claramente e xa sen posibilidade de recuperación, a nota sería un moi deficiente. Se como di, tanto está a facer a Xunta polo noso concello, emplazamos ao delegado a que faga públicos os convenios que a Xunta Leva asinados con Vilalba nos cinco últimos anos”, afirma Vidal.
“Insistimos en que a Xunta nin nos recibe nin se interesa polas necesidades dos vilalbeses e vilalbesas, ao único q viu o delegado últimamente é a sacarse fotos e a aproveitar un acto relixioso para facer crer que están presentes”, remata o secretario xeral dos socialistas de Vilalba.