Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente do comité de empresa de Alcoa confía que as 32 cubas estean en funcionamento a finais de marzo

José Antonio Zan destaca que se traballa co cumprimento de “fitos” e que se prevé cumprir o obxectivo de que 32 cubas estean en funcionamento a finais do mes de marzo. Zan explicou que tiveron unha xuntanza interna coa empresa respecto dos traballos de rearranque. Informouse de que en decembro de 2023 había preparadas catro cubas coas que se iniciaría este rearranque, para o cal “fai falta unha serie de fitos moi largos”. Zan pediu “non meter presión” aos diferentes departamentos para un rearranque que “é moi complexo” e “fai falta calma e tranquilidade no proceso”.

Exit mobile version