Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente da Deputación asiste en FITUR ao acto de Pedro Sánchez sobre turismo sostible

José Tomé Roca valorou o encontro desta mañá en Turespaña Sostenibilidade social: deseñar hoxe o turismo desta mañá, que encaixa co modelo de turismo da Deputación centrado en potenciar experiencias persoais, de calidade e non masificadas

Lugo, 26 de xaneiro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este venres en Madrid ao acto Sostibilidade social: deseñar hoxe o turismo do mañá no que participou o Presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, xunto aos ministros de Industria e Turismo, Jordi Hereu, e de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, e que tivo lugar no stand de Turespaña no marco da 44ª edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR).

José Tomé valorou o encontro coa presenza do Presidente do Executivo do Estado, que reuniu a profesionais do turismo e interesados nas últimas tendencias do sector, e centrado na sostibilidade e a responsabilidade ambiental. Unha liña estratéxica, explicou o Presidente, que encaixa co modelo de turismo da Deputación de Lugo centrado en potenciar as experincias persoais e promovendo un turismo de calidade, sostible, non masificado que actúe como panca de desenvolvemento do rural, contibuíndo así a fixar poboación.

Apoio ás campañas de Lugo e do xeodestino Ribeira Sacra

O Presidente da Deputación participou tamén esta mañá na presentación do xeodestino Ribeira Sacra, no que amosou a súa vontade de seguir colaboración dende a Deputación co Consorcio da Ribeira Sacra para consolidar este territorio como un destino de calidade e diferenciado.

Acudiu así mesmo á presentación da campaña Naturalmente Irresistible, coa que o Concello de Lugo proxectou a súa riqueza patrimonial, gastronómica e paisaxística, así como as súas citas festivas máis emblemáticas: o San Froilán, o Arde Lucus e o Caudal Fest. Tomé Roca e Rivera Capón estiveron ademais na presentación de Termatalia e Xantar 2024, dúas feiras internacionais de Termatalia Ourense nas que ten unha grande presenza cada ano a institución provincial.

O mandatario provincial asistiu a FITUR co Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, onde mantiveron unha intensa axenda durante tres xornadas con reunións e actividades para promocionar a provincia e establacer contactos con representantes institucionais e profesionais vencellados ao sector co obxectivo de acadar unha maior visibilidade nacional e internacional.

Exit mobile version