“O Estado dispón de mecanismos para poderlle axudar economicamente a través de axudas a electrointensivas e outros apoios ou axudas a grandes empresas, no caso de querer seguir”, segundo explican os populares
Os populares explican que “o Goberno ten os medios para esixir a Alcoa que aclare se quere seguir producindo aluminio en España. No caso de non estar interesada, pedímoslle que inicie o proceso para a intervención temporal da fábrica a través da SEPI mentres realiza as xestión de traspaso a un terceiro”.
Ao mesmo tempo, dende o PP da provincia de Lugo cren necesario “advertir a Alcoa que, en caso de marchar, o proceso non lle vai saír gratis porque terá que deixar os fondos dispoñibles para indemnizar os investimentos previstos no acordo, os salarios dos traballadores ata que entre unha nova empresa, así como o testamento do pasivo ambiental derivado dunha saída fóra do planificado”.
E, no caso de querer seguir, o Estado dispón de mecanismos para poderlle axudar economicamente a través de axudas a electrointensivas e outros apoios ou axudas a grandes empresas.
Os populares trasladan a súa sensibilidade coa situación de Alcoa tendo en conta que “hai preto de 2000 postos de traballos directos en xogo e máis doutros tantos indirectos”.