Dende o Grupo Provincial Popular piden valentía a Tomé e que diga o custe que van a ter estas decisións para todos os lucenses xa que e a Deputación de Lugo a que está a asumir o custe de todas as facturas que o partido socialista ten sen pagar: “canto nos queda por pagar aos veciños de Lugo para ter contentos aos carguiños do PSOE?”
Lugo, 15 de xaneiro de 2024. O candidato á presidencia da Xunta polo PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, segue a empregar a Deputación de Lugo “como a súa chequeira de man” para “contentar ás diferentes familias que hai dentro do partido socialista” de cara ás eleccións autonómicas de febreiro.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, afirma que “queda claro que Tomé non ten nin voz nin voto” dentro do PSOE provincial nin na Deputación xa que “son outros os que están a organizar o que pasa dentro da Deputación” a pesar de que “nin sabemos canto nos van a custar estas facturas a todos os lucenses”.
Unha afirmación que Ameijide engade á compra do Pazo de Doiras, “un pelotazo urbanístico” co que a Deputación de Lugo xera un beneficio de 700.000€ a unha Fundación dirixida por un cargo do PSOE.
“O que vemos é que Besteiro segue a manexar a Deputación de Lugo como quere, unicamente co obxectivo de pagar favores dentro do partido socialista e contentar así ás diferentes familias que o forman”, denunciou.