O Pescados Rubén Burela FS despídese de Nico Rosental
redac
O xogador arxentino cedido do Peñíscola marcha ao Oleoinnova Mengíbar para o resto da tempada
Burela, 9 de xaneiro, 2024. Nicolás Rosental (2003, Bos Aires), deixa ao noso equipo para esta segunda volta de tempada, pasando a xogar no Oleoinnova Mengíbar. O ala-pívot arxentino xogou anteriormente no Pinocho, equipo co que debutou na Primeira A Arxentina con 17 anos e onde finalizou o seu contrato co equipo na tempada 2021-2022 sendo un dos máximos goleadores da competición. Nicolás é tamén internacional coa Selección Argentina Sub-20. A tempada pasada ficha polo Servigroup Peñíscola ata esta 2022-2023 que chega a Burela en agosto.
Dende o club agradecen a súa aportación ao equipo, tanto dentro coma fóra da pista, durante estes meses e desexan moita sorte ao noso novo amigo arxentino no seu novo destino.