É o primeiro equipo que logra vencer ao Full Energía Zaragoza na súa cancha nesta tempada, chegando ao descanso con 6 goles de vantaxe
Na primeira parte comeza o festival de goles no minuto 1, cun lanzamento afastado de Álex García tras unha recuperación, que abre o marcador 0-1. No minuto 3 téntao Fran Tabuenca dende dentro da área pero tópase co habitual Michal e no minuto 4 chega o 0-2 cun golazo de Ismael nun tiro frontal ao bordo da área tras un pase de Quelle. No minuto 7 o terceiro do Burela, tras un saque moi rápido de Álex García, que a pasa a Alberto, que á súa vez lla coloca a Malaguti e enchúfaa na portería dun rival desprevido. O conxunto mariñán arrasa durante esta primeira parte, non permitindo practicamente chegar a portería ao conxunto maño. No minuto 10 gol do capitán, Lucho, con asistencia de Ismael que lla pasa dende a outra banda e un minuto despois golazo de Charly que a lanza dende moi lonxe e cóalla ao porteiro do equipo zaragozano. No minuto 17 chega o 0-6 e o segundo de Álex García, que a coa dende o pau tras un pase de Alberto. Tras un pau do Zaragoza nun tiro de falta e un paradón de Michal a un tiro raso de Marcos desde o bordo da área, chega o descanso.
Comeza a segunda parte, con vantaxe, pero sabendo que vai tocar defender durante os 20 minutos. Arrinca o xogo xa coa presión do 5 para 4 por parte do conxunto de Alfonso Rodríguez, con Fran Tabuenca como porteiro-xogador. A mellor defensa da Segunda División resiste ata o punto de non deixar lanzar a portería ao rival durante o primeiros tres minutos e medio. É entón cando aparece o Muro Kaluza con dúas intervencións seguidas. Pero a presión continúa e chega o gol dos locais cun pase de Preciado a Fran Tabuenca, situado case na liña de gol, que lla coa a Kaluza. Un minuto despois chega o 1-7, cun gol de Isma a portería baleira. Ata 5 paradóns de Michal se suceden na segunda parte a longos disparos de Shunta, desde unha banda e a continuación dende a outra. No minuto 29 chega o 2-7 cun gol de Preciado nunha xogada ben executada con porteiro-xogador. E no minuto 36 chega o último do Burela, o 2-8, co segundo de Lucho case desde media pista a portería baleira. Tras a expulsión de Malaguti por dobre amarela no minuto 39, chega o 3-8 cun gol de Manu Franco estando o Pescados Rubén Burela FS con 4 xogadores (contando o porteiro) tras a expulsión de Malaguti.
Remata o encontro e os nosos Pícaros volven á casa noutro longo, aínda que un dos máis curtos, viaxes. O vindeiro sábado 27, enfrontaranse ao Real Betis “B”, por fin en Vista Alegre tras dous partidos seguidos en territorio hostil, no horario habitual en Burela, as 18.45h.
Ficha Técnica Full Energía Zaragoza – Pescados Rubén Burela FS
Full Energía Zaragoza (3): Fernandito; Fran Tabuenca, Muniesa (C), Manu Franco, Tabuenca, -quinteto inicial-, Marcos, Preciado, Pasamón, Shunta, Manu Cebrián, Iván Romero, David. Entrenador: Alfonso Rodríguez.
Pescados Rubén Burela FS (8): M.Kaluza; Isma, Alberto, Á. García, Malaguti -quinteto inicial-, Lucho (C), Quelle, Flethes, Charly, Ismael, Mika. Entrenador: David Rial.
Goles: 0-1, min.1: Álex García. 0-2, min.4: Ismael. 0-3, min.7: Malaguti. 0-4, min.10: Lucho. 0-5, min.11: Charly. 0-6, min.17: Álex García. 1-6, min.23: Fran Tabuenca. 1-7, min.25: Isma. 2-7, min.29: Preciado. 2-8, min.35: Lucho. 3-8, min.38: Manu.
Árbitros: Joel García Ribera, Javier García Sánchez, Jaime Lázaro Angulo, Nerea Camargo Santolaria.
TA: Fran Tabuenca, Muniesa, Pasamón, Quelle, Álex García.
TR: Malaguti (Doble Amarilla)