Lugo, 8 de xaneiro de 2024. O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informa:
Dos tres efectivos necesarios para cumprir os servizos mínimos no Parque de Bombeiros de Barreiros só se presentaron dous.
O Consorcio intentou facer mobilidade de traballadores dende outros parques nos que había catro efectivos, pero acolléronse ao dereito de folga.
Avisados mediante comunicación certificada os retén designados no cuadrante, non se presentaron.
Ante esta situación, o Consorcio decidiu reubicar aos dous efectivos de Barreiros no de Viveiro.
O Parque de Bombeiros de Barreiros non prestará servizo ata mañá ás 9:00 horas.