Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Alfoz reuniu o pasado martes, 23 de xaneiro, ás directivas das asociacións parroquiais para que trasladaran as necesidades que aprecian nos seus barrios

A Alcadesa de Alfoz, Efigenia Maseda, acompañada polo Primeiro Tenente de Alcaldesa, Jorge Val, xunto con outros membros do goberno; escoitaron as propostas da veciñanza para incluílas na medida do posible nos orzamentos. A rexedora comentou “que foi unha xornada produtiva na que o goberno temos que facer unha valoración de prioridades, xa que hai moitas necesidades e unhas son máis urxentes ca outras”.

Exit mobile version