Arias explicou nesta xuntanza que os maiores que aínda non teñan a Tarxeta de Mobilidade de Galicia pódena solicitar a través de oficinas de Abanca presentando o seu documento de identidade e beneficiarse de ata 60 viaxes gratuítas ao mes. O custe das viaxes son reembolsados automaticamente cada 15 días, e cómpre contar cun saldo mínimo na tarxeta TMG para pagar o prezo de cada servizo, de maneira que se utilice de xeito responsable e sostible.