O delegado lembrou que esta iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña Lucense, no que colabora o Ministerio de Industria e Turismo. Na súa intervención destacou que esta marca vai máis aló dunha identidade visual, converténdose nun selo “que unirá servizos e institucións e, en definitiva, a todos os homes e mulleres da Mariña, que son a alma desta comarca”. Tamén felicitou aos alcaldes e alcaldesas e ao conxunto da Mariña polo traballo desenvolvido nos útimos anos no marco do Plan de Sostibilidade Turística para modernizar e mellorar a competitividade turística desta comarca.