Viveiro, 23 de xaneiro de 2024. O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que se vén de detectar no día de hoxe a presenza de pellets na praia de Area -na liña de pleamar, entre o río e Punta Arnela.
Una vez detectados os pellets, o Concello de Viveiro solicitou por escrito á Xunta de Galicia a súa limpeza.
O Goberno local agradece aos veciños e veciñas que atopen pellets que dean o aviso ao Concello para poder coordinar a súa limpeza, xa que, lembran, é necesario ter unha formación previa para poder recoller correctamente o residuo.