Foi a Real Cédula do 13 de xaneiro de 1824 a que creou a Policía Xeral do Reino, primeiro corpo policial con dimensión nacional coa función de garantizar o ben e a seguridade pública.
“Aquí en Viveiro, hai Comisaría da Policía Nacional desde o ano 1981, 43 anos de traballo ben feito, dun servizo público que realizades cada día con eficiencia e profesionalidade”, asegurou no acto a alcaldesa, María Loureiro.
“Quero destacar unha vez máis públicamente a excelente relación existente entre o Concello de Viveiro e a Policía Nacional, baseada en todo momento na cordialidade e na colaboración mutua, traballando sempre en beneficio dos nosos veciños e veciñas”, engadiu.