Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo non detectou a día de hoxe presenza algunha de pellets de plástico na costa

Se se dese o caso e fose preciso colaboración, a limpeza das praias estaría coordinada a través da oficina municipal de voluntariado situada na Casa da Cultura “para garantir unha recollida ordenada”, ao amparo do Plan Camgal, activado pola Xunta de Galicia

Cervo, 9 de xaneiro de 2024. O Concello de Cervo ten deseñado un protocolo preventivo por se se detectase a presenza de pellets de plástico nas zonas de costa.

A rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, mantiveron unha reunión de coordinación co responsable do Grupo de Emerxencias Municipal, Mario Antuña, na que concretaron os pormenores do Plan que se poñería en marcha de xeito inminente se fose necesario, aínda que, tal e como constataron, “a día de hoxe non se detectou nas praias do municipio presenza algunha destes pellets de plástico procedentes do vertido do mercante Toconao”, aclarou a rexedora.

Caramés apuntou, así mesmo, que se se precisase colaboración externa, a limpeza dos areais estaría en todo caso coordinada a través da oficina municipal de voluntariado situada na Casa da Cultura, “para garantir unha recollida ordenada”, ao amparo do Plan Camgal, activado pola Xunta de Galicia.

Exit mobile version