Forman parte dunha partida orzamentaria de 7500 euros a repartir entre as institucións educativas e as ANPAS
Cervo, 25 de xaneiro de 2024. A rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Educación, Pilar Armada, mantiveron un encontro cos directores dos tres centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos- para facerlles entrega dos cheques coas axudas que o Concello de Cervo reserva cada ano no seu orzamento para a comunidade educativa.
A alcaldesa precisou que son unha liña de axudas que veñen complementar o apoio continuo que se presta desde o Concello durante todo o ano, para contribuír cos seus gastos de funcionamento. Esta aportación pretende ser unha axuda -engadiu- para o desenvolvemento das múltiples actividades que programan durante o curso que favorecen o progreso educativo do alumnado.
Estas axudas forman parte dunha partida orzamentaria de 7.500 euros que o Concello dirixe á comunidade educativa do municipio –neste caso aos centros e ás ANPAS-, que se suman a outras en marcha neste eido como as axudas para transporte e a adquisición de libros e material escolar.