As propostas culinarias serán a un prezo de 2,5 euros, e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local participante, entre as papeletas seladas cada semana polos catro establecementos participantes
Cervo, 31 de xaneiro de 2024. O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar na nova proposta culinaria da hostalería de Cervo e Sargadelos baixo o título Ruta Venres de Petiscos, que propoñen, deste este mesmo venres, coa colaboración da Administración local, o Caseto de Copa, a Pousada O Almacén, a Taberna de Sargadelos e o café-bar cultura A Sacabeira.
A nova proposta foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente alcalde, Mali Méndez, e polos representantes dos establecementos participantes, Elsa Fernández, Tomás Mariño, Jessica Carrasco e Bruno González, respectivamente; na Casa do Concello esta mañá.
As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.
Para este primeiro venres as propostas son as seguintes:
Caseto de Copa, costela en salsa Margarita con patacas duchesse
Pousada O Almacén, xabaril de Halloween
A Taberna de Sargadelos, fabas con ameixas
Café Bar Cultural A Sacabeira, espetada de champiñóns recheos en salsa.
As persoas interesadas en recibir información semanal, poden seguir as redes do Concello e tamén a páxina de facebook oficial do tapeo “Ruta de Petiscos Cervo-Sargadelos”.
https://www.facebook.com/profile.php?id=61556069280705