Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG propón a celebración dun debate electoral sobre a situacion da Mariña

A Mariña, venres 19 de xaneiro 2024. No día de ontes, o BNG presentou a súa candidatura pola circunscrición electoral de Lugo, na que participan 7 mariñaos e mariñás que representan territorialmente e socialmente á comarca desde os diferentes eidos laborais, sociais e políticos. No número 2 figura o actual deputado no Parlamento Daniel Castro, no 5, Iria Cotelo de Viveiro, no 7 Pilar Vázquez de Xove, no 10 Eloi Cabanas de Mondoñedo e pechan a lista Alejandra Fernández de Burela e Miguel Gómez de O Vicedo, nos postos 13 e 14 respectivamente. Como 2ª suplente aparece Vanesa Gómez Lourido, de Riotorto.

Mobilización de toda a maioría social que quere cambio para poñer a Ana Pontón a liderar un goberno que remate co illamento da Mariña

Desde o BNG fan un chamamento á participación masiva de todos os mariñaos e mariñás nestas eleccións do 18 de febreiro, para colocar na presidencia da Xunta a unha muller, nacionalista, Ana Pontón para liderar un goberno que poña fin aos moitos anos de discriminación da comarca en infraestruturas, en sanidade….un goberno que cumpla coa Mariña. “Para eso precisamos a mobilizacion de toda a maioría social que quere cambio, por eso imos redoblar esforzos e falar con todo o mundo, porque hai partido e imos a gañalo” afirmou Daniel Castro, que asegurou tamén que “A Mariña non pode agardar máis para rematar co seu illamento e engancharse ao século XXI, e este é o momento, é agora”.

Necesidade dun debate electoral sobre a situación da Mariña

Desde o BNG proponen a realización dun debate entre candidat@s das forzas políticas na comarca con representación parlamentaria sobre a situación da Mariña e a correspondente formulación de propostas para sacar á comarca da situación de retrasos e illamento en moitas materias coma as infraestruturas, a sanidade, a industria, o emprego…

Neste sentido Daniel Castro cre que este debate é moi necesario e sería moi positivo para toda a sociedade mariñá.

CANDIDAT@S BNG A MARIÑA

2.- Daniel Castro García. Graduado en Linguas Estranxeiras pola Universidade de Vigo e en Lingua e Literatura Galegas pola USC (RIBADEO)
5.- Iria Cotelo Cociña. Técnica en coidados auxiliares de enfermería. Concelleira de Promocion Económica, Emprego, Mercados e Comercio en Viveiro. (VIVEIRO)
7.- Pilar Vázquez Sánchez. Administrativa. Vice responsable comarcal do Bng A Mariña. Está cursando grado de Relacións Internacionais. Concelleira portavoz en Xove. (XOVE)
10.- Eloi Cabanas Ramos.Técnico superior en xestión de recursos naturais. Bombeiro forestal. Concelleiro-portavoz en Mondoñedo – (MONDOÑEDO)
13.- Alejandra Fernández Cillero. Celadora do Sergas. Concelleira de Igualdade en Burela – (BURELA)
14.- Miguel Gómez Fraga.Mantedor mecánico. Gandeiro. Traballador da factoría de Alcoa en San Cibrao. Concelleiro no Vicedo – (O VICEDO)
2ª Suplente
Vanesa Gómez Lourido
Xornalista – Concelleira portavoz en Riotorto. (RIOTORTO)

Exit mobile version