Rosa Rego concelleira do BNG en A Fonsagrada “presentamos decenas de reclamacións de veciñanza da Fonsagrada e de Negueira de Muñiz pois non podemos permitir este desmantelamento da Sanidade”
Ademais presentaron decenas de reclamacións ante atención ao paciente pois segundo explica Rosa Rego “A día de hoxe na Fonsagrada quedan 3 facultativos, e Negueira de Muñiz esta sendo atendida de xeito provisional por un facultativo desprazado dende o PAC doutra comarca 1 día á semana”. Para ter atención de fisioterapia e xinecoloxía a poboación ten que desprazarse a Becerreá “o que implica desprazamentos de máis de hora e media e non só o tempo senón tamén que non hai posibilidade de usar transporte público” denuncia Rego.
Nesta comarca con unha grande dispersión xeográfica e con unha poboación envellentada que non ten atención médica con toda asiduade que precisan, ademais na comarca hai 6 residencias de maiores que tamén estan cubertas polos facultativos dos centros de saúde. “se os médicos teñen que saír a urxencias o centro de saúde queda desatendido” explica a concelleira.
Nestas reclamacións tamén se pregunta á veciñanza Que pretende o Sergas? Saturar as urxencias desmantelando a atención primaria? Deixar aos pacientes sen atención primaria e que teñan que desprazarse 100KM?
“Imos presentar reclamacións pois para a Conselleria de Sanidade parece que non existimos, agardamos que vendo que a veciñanza esta sufrindo os recortes que esta Conselleira esta levando a cabo na Fonsagrada se decidan a dar maior cobertura sanitaria e que poidamos ter unha sanidade de proximidade, máis aínda nun concello como A Fonsagrada eminentemente rural e de montaña”explicou Rosa Rego