O candidato número catro da candidatura socialista pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas visitou, en Quiroga, a adega Casa Outeiro para coñecer o proxecto de enoturismo na zona, que puxo como exemplo de iniciativas polas que se deben apostar no interior de Galicia
Quiroga, 26 de xaneiro de 2024. O número catro da candidatura socialista pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas, Miguel Tomé, visitou a adega Casa Outeiro, en Quiroga, para coñecer de preto o complexo de enoturismo que ten en proxecto na zona esta pequena empresa quiroguesa, que ofrecerá aloxamento e creará 15 postos de traballo directos na localidade. Acompañado polo Tenente Alcalde do municipio, Vicente Parra, e o propietario de Casa Outeiro, Juan Luis Vázquez, asegurou que “con Besteiro na Xunta de Galicia impulsaremos iniciativas turísticas con incentivos fiscais”.
“Este tipo de proxectos son os que necesitamos promover no interior de Galicia, unha empresa local, sostible, con produción de calidade, asentada no territorio e que paga impostos no municipio”. Nesta liña debemos traballar desde as administracións porque o “turismo é sinónimo de emprego, un piar básico e estratéxico da nosa economía, que xera riqueza e ten un papel clave para a vertebración social e territorial”. O socialista transmitiu o compromiso de Besteiro de abrir unha liña clara de apoio ás iniciativas que xeren emprego de calidade e desenvolvan a súa actividade de forma sustentable co medio ambiente.
“A estratexia turística en Galicia ten que ir máis aló do Camiño de Santiago, o Gobernos do PP, agora con Rueda, non ten aplicada unha política seria para frear o despoboamento das nosas vilas. Só fai falta ver como cada día nos espertamos con maiores mermas nos servizos públicos, o que nos leva a pensar na ameza que isto supón para o futuro do noso rural”.
Miguel Tomé destacou así mesmo a necesidade de poñer en marcha un plan de retorno e de atracción de mocidade cara o rural, impulsar a instalación de tecnoloxías de rural intelixente e estender a banda longa, así como incrementar o investimento e a accesibilidade ao Plan de Rehabililitación para as vivendas no rural. “Medidas que sacaremos adiante os socialistas cando cheguemos á Xunta con José Ramón Gómez Besteiro, porque ten un proxecto ilusionante para transforma Galicia, e que está calando nos galegos e galegas, así o demostran os últimos datos do CIS que reflexan un claro avance e plena remontada socialista”.