A número tres da candidatura socialista ás eleccións autonómicas pola provincia visitou esta mañá o centro da Asociación de Saúde Mental da Mariña, en Cervo, onde puxo en valor o traballo deste colectivo e sinalou a necesidade de integrar a atención a estas doenzas na Atención Primaria
“Sempre digo que as persoas deben ser o centro das nosas políticas” e nese sentido a candidata apuntou que desde as Administracións é necesaria a máxima implicación coa saúde mental. A socialista incidiu na mensaxe do candidato do PSdeG á Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, sobre a necesidade de que “a saúde mental estea integrada na Atención Primaria, porque é a máis próxima ao cidadán”, e dotala dun maior investimento, “necesario para a contratación de máis profesionais, porque Galicia, co PP na Xunta, sigue á cola en atención á saúde mental”.
Mayra García subliñou así mesmo que Besteiro desenvolverá de maneira efectiva o Plan Galego contra o Suicidio e creará protocolos nos centros de ensino de detención temperá de patoloxías relacionadas coa saúde mental.
Durante a súa visita a este centro, a candidata socialista subliñou a importancia de “visibilizar o gran traballo que fai este colectivo e as persoas que o integran”, valorando que “aquí os usuarios e usuarios están coma na casa, e vemos como este tipo de atención é fundamental para garantir o benestar das persoas e mellorar a súa calidade de vida”.