O voceiro popular reitera que “o interese do PP de Trabada é traballar polo concellos e os nosos veciños” e, dende o respecto polos trabadenses e a lealdade aos nosos veciños, seguiremos traballando”
“Aínda así Mayra García prefire marchar de Trabada”, engade. O PP de Trabada xa leva tempo advertindo que “a rexedora socialista aguantaría mentres non tivese a posibilidade de marchar para outro sitio no que estivese máis cómoda” porque, “como todos sabemos, non lle gusta Trabada nin nunca lle interesou. Xa o deixou claro cando se asegurou unha praza no Concello da Coruña. E agora tratará de converterse en deputada autonómica, se os lucenses lle dan o seu apoio”.
Fernández lembra que “xa na pasada campaña electoral diciamos que os plans de Mayra García estaban lonxe de Trabada. Daquela os socialistas negábano con intensidade, pero agora vemos que cambian de opinión, que é algo que está de moda dentro do PSOE”.
O voceiro popular reitera que “o interese do PP de Trabada é traballar polo concellos e os nosos veciños” e, dende o respecto polos trabadenses e a lealdade aos nosos veciños, seguiremos traballando”.