Cotelo móstrase “moi optimista, concurro nunha lista onde A Mariña conta cunha ampla representación, vai sendo hora de poñer a nosa comarca no mapa do país”, unha comarca que alza cada vez máis a voz ante o abandono e a desidia dunha Xunta gobernada polo PP, “os galegos e galegas levamos anos denunciando o deterioro da sanidade pública, temos unha comarca incomunicada co resto do país e con perda na industria ano tras ano. Estou convencida de que o 18 de febreiro haberá máis participación ca nunca, debemos aproveitar esta nova oportunidade, o cambio é agora con Ana Pontón como presidenta”.