Inés López engade: “é obvio que calquera asunto que se vai levar a unha comisión ou un pleno é para aprobalo; as sesións son para dialogar, aportar e que existan medidas que melloren a vida dos veciños. Agora o voceiro do PP sae con leccións do 2011, pero non recorda que quen aprobou a suba á actual concesionaria en pleno foi el e o seu grupo, subida que condicionou a perda do xuízo contra a mesma, xa que non lles foi necesario moito esforzo para gañalo porque o Concello regalou a súa pel e a dos seus veciñ@s. O actual goberno tivo que facer fronte a máis de 700.000 euros anuais, incluso dos anos nos que el gobernou, aprobou a subida e non a pagou. Tamén debería explicar aos veciños o que supón o lugar que elixiu para a nova depuradora de Foz, cun bombeo que vai supor máis de 160.000 euros anuais en electricidade, máis de 15 euros ao ano por abonado, por empeñarse en levala por riba do nivel do mar. Falando mal, a merda non sube”.
E López Couto finaliza a contestación ao PP: “o mesmo de sempre, saír na prensa de forma, no seu caso, prepotente de verdade.”