Barreiros, 9 de xaneiro de 2024. O vindeiro venres, 12 de xaneiro, terá lugar a presentación do libro Universo Aurora, de Manuel Rivero. Será ás 19 horas en O Canteiro, en Benquerencia.
No acto acompañarán ao autor o secretario xeral de Política Lingüísta da Xunta, Valentín García, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, así como dúas das nove mulleres que falan da figura da destacada investigadora e científica barreirense Aurora Sampedro en Universo Aurora.
Os 300 libros da primeira edición están case esgotados, por iso é polo que xa estea no forno a segunda edición, que podería incluír como novidade dous novos capítulos sobre a figura desta muller. Estará nas librerías a partir da próxima semana e na internet xa se pode adquirir en www.eoditorial.com, que é a empresa ribadense que editou Universo Aurora.
Manuel Rivero Pérez márcase varios retos para os próximos meses: “además de la segunda edición ampliada del libro, queremos entregar los premios Bítere de Honra allá por el mes de septiembre, queremos impartir conferencias sobre Aurora Sampedro, queremos conseguir que el 2025 sea el año de la ciencia de Aurora Sampedro, y que se coloque una placa, en su recuerdo, en la casa en la que nació”.