A rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Educación, Pilar Armada, entregáronlles os cheques aos/ás 29 beneficiarios/as, que recibiron unha contía de 150 ou 250 euros en función da renda familiar
Nesta ocasión foron 29 os estudantes que recibiron un cheque de 150 ou 250 euros, en función da renda familiar.
Tal e como explicou a alcaldesa “é unha axuda financiada integramente con fondos propios procedentes das arcas municipais, co obxectivo de botarlle unha man á mocidade cervense e ás súas familias nesta etapa educativa”.
Caramés apuntou, así mesmo, que “somos conscientes do gran esforzo económico que supón para moitas familias afrontar a educación dos seus fillos por iso temos activas desde hai moitos anos este tipo de axudas”.
Entre os requisitos, por exemplo, téñense en conta os ingresos económicos da unidade familiar, que debe estar empadroada no Concello de Cervo; e o alumnado debe ser menor de 30 anos.
Ademais ten que cursar algunha destas titulacións fóra do municipio: ensinanzas universitarias, estudos musicais en conservatorios e escolas de música, Bacharelato (nalgunha das modalidades que non se imparten no Concello de Cervo), ou calquera das seguintes ensinanzas en grao medio ou superior, como son FP, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ou deportivas.