Os alumnos do FP de electricidade recibiron unha máster class da man de Gesnia que lles axudará a afrontar as súas próximas prácticas laborais
Ribadeo, 30 de xaneiro de 2024. Gesnia, a empresa de enerxías renovables sostibles e vehículo eléctrico, foi a encargada de realizar a máster class sobre enerxías renovables aos alumnos de primeiro e segundo do FP Dual de electricidade en Porta dá Auga, de Ribadeo.
Un enxeñeiro e un técnico comercial da empresa foron os encargados de impartir a clase “de manera práctica y sencilla para que entiendan mejor qué se van a encontrar en sus prácticas laborales y el resto de su vida profesional si deciden dedicarse a las energías renovable”, explica Beni Martínez, responsable de zona da Mariña lucense e Occidente asturiano. “Es importante formar a los jóvenes en este área porque es el presente de las energías”, engade Beni.
Gesnia, dentro do seu plan de empresa, colabora con institutos e institucións para formar aos mozos que se dedicarán no futuro próximo a este sector. Por iso, dentro deste marco, realizarase outra charla formativa sobre vehículos eléctricos nas próximas semanas.