O concerto será o sábado, día 20 de decembro, ás 12h30 no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, Burela
Este ensemble obsequiará o público cun formato acústico co que explorarán diferentes estilos musicais, clásicos e atemporais. Swing, vals, country, fado, tango, samba… son só algúns dos xéneros que explorará a banda, que promete baile, emoción e diversión para unha mañá de sábado na Mariña.