O concerto será o sábado, día 20 de decembro, ás 12h30 no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, Burela
Burela, 17 de xaneiro, 2024. Diavolinos é o nome co que se presentan cinco músicos formados na Aula de Adultos do Conservatorio de Música de Viveiro e que, o próximo sábado 20 de xaneiro, ofrecerán unha sesión vermú no centro social Xebra, en Burela, ás 12h30. A banda está dirixida polo acordeonista Lino Rico, ao que acompañan baixo (Luís), guitarra (Agustín), percusión (David) e voz (Marga).
Este ensemble obsequiará o público cun formato acústico co que explorarán diferentes estilos musicais, clásicos e atemporais. Swing, vals, country, fado, tango, samba… son só algúns dos xéneros que explorará a banda, que promete baile, emoción e diversión para unha mañá de sábado na Mariña.