A concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, dixo que “desde o Concello de Ribadeo e a comisión organizadora da Cabalgata de Reis queremos comunicar que a nosa intención é que a Cabalgata saia á rúa. O percorrido será máis reducido, baixará por Villafranca del Bierzo, Rodríguez Murias, Ramón González e volverá a subir por San Francisco”. A saída e a chegada será no parque.
E anunciou que “en caso de que as inclemencias meteorolóxicas non o permitan trasladaremos a recepción e as actividades ao pavillón da Avenida de Luarca. Está todo preparado dentro e fora, imos ter a esperanza de que o tempo nos dea unha tregua e os Reis Magos poidan percorrer as nosas rúas”.