A Alcaldesa burelense prometeu o cargo este martes no Pleno, amosándose con ilusión e ganas de traballar “de xeito decidido dende a Deputación por e para Burela, pola Mariña e polo conxunto da provincia”
López Moreno prometeu o seu cargo e amouse ilusionada e con moitas ganas de iniciar esta nova etapa “para traballar de xeito decidido dende a Deputación por e para Burela, pola Mariña e para o conxunto da provincia”.
Os voceiros dos tres grupos políticos con representación no Pleno provincial desexáronlle sorte e acertos na nova responsabilidade que asume.