A Alcaldesa burelense prometeu o cargo este martes no Pleno, amosándose con ilusión e ganas de traballar “de xeito decidido dende a Deputación por e para Burela, pola Mariña e polo conxunto da provincia”
Lugo, 30 de xaneiro de 2024. A Alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, tomou posesión este martes no Pleno como Deputada provincial, asumindo a área de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas.
López Moreno prometeu o seu cargo e amouse ilusionada e con moitas ganas de iniciar esta nova etapa “para traballar de xeito decidido dende a Deputación por e para Burela, pola Mariña e para o conxunto da provincia”.
Os voceiros dos tres grupos políticos con representación no Pleno provincial desexáronlle sorte e acertos na nova responsabilidade que asume.