Un dos diplomas do Sistema Integral de Calidad Turística foi obtido pola Oficina de Información Turística, e o outro, polo Barco-museo Reina del Carmen
Un dos diplomas foi obtido pola Oficina de Información Turística, e o outro, polo Barco-museo Reina del Carmen. “Para nós é importantísimo este recoñecemento ao bo traballo que estamos facendo neste ámbito en Burela”, indica o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.
O concelleiro afirma que “os datos indican que cada ano temos máis visitantes en Burela, polo que felicitamos á que foi técnica de Turismo, Iria, e a Lino, o guía do barco-museo”.
“Queremos adicarlle o recoñecemento recibido polo barco-museo moi especialmente á que foi madriña do barco, Gloria da Corneta, que faleceu no día de onte”, sinalou Fernández Rey. “Este diploma vai por ela”, engadiu.
No pasado ano 2023 o barco-museo superou as 5.000 visitas, o que supón “un record histórico” segundo sinala o concelleiro de Turismo
“Seguiremos impulsando iniciativas para que cada vez Burela sexa máis atractiva turisticamente, e seguiremos na nosa liña de traballo, avalada polos datos”, concluíu Fernández Rey.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, valorou tamén o éxito acadado polo turismo local, sinalando que “distincións como esta axudan a visibilizar o potencial turístico do municipio, que supón unha fonte fundamental de actividade económica e crecemento para a súa veciñanza”.