O BNG anima a acudir á manifestación do 4 de febreiro en Santiago en defensa da sanidade pública
A Mariña, domingo 21 de xaneiro 2024. Este domingo celebráronse sendas concentración en defensa da sanidade pública na Mariña, por unha banda en Lourenzá, donde a veciñanza acudíu á concentración convocada pola Plataforma Sanitaria da Mariña para protestar pola falta de pediatra no centro de saúde, e á que acudiron tamén veciñas e veciños de Barreiros e Mondoñedo, concellos limítrofes que sufren tamén as deficiencias e precariedades deste servizo, ao que o Sergas e o Partido Popular siguen sen darlles unha solución. Por outra banda a Plataforma de Colectivos Veciñais de O Vicedo convocaron tamén dinate do centro de saúde outra concentración na que unha vez máis demandaron médico para o centro de saúde.
Nos dou casos houba unha nutrida presenza de público e asistiron as candidatas e candidatos do BNG da Mariña ás vindeiras eleccións galegas. É o caso de Iria Cotelo e Miguel Gómez, que asistiron á concentración do Centro de Saúde vicedense.
En Lourenzá puidemos ver ao canditado nº 2 pola circunscrición de Lugo, Daniel Castro, a Eloi Cabanas, a Vanesa Gómez Lourido, a Sandra Cillero, o deputado provincial Daniel García, e tamén á alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade da Mariña, Ana Ermida, o tentente alcalde de Burela Mario Pillado e ao responsable comarcal do Bng Antonio Veiga, entre outros.
Chamamento a acudir á manifestación do domingo 4 de febreiro en Santiago en defensa da sanidade pública
Daniel Castro, que ao longo deste mandato levou ao Parlamento numerosas iniciativas coas repetidas e abundantes problemáticas que xurden continuamente en centros de saúde da Mariña, sen que o Sergas solucionara eficazmente ningunha delas afirmou que “o caos ao que someten desde o PP á sanidade pública e especialmente á atención primaria e a servizo tan importantes coma o de pediatría cos graves problema que eso lle causa á poboacion, é algo intolerable, por eso debemos seguir mobilizándonos, como o vén facendo xa a veciñanza da mariña nos últimos meses diante de prácticamente todos os centros de saúde, e acudir masivamente o domingo 4 de febreiro á gran manifestación en Santiago, Pola Sanidade que Queremos e Merecemos”