Alfoz, 28 de xaneiro, 2024. O Concello de Alfoz valora moi positivamente a súa presenza en Fitur, consolidándose como destino turístico de gran fortaleza debido ás oportunidades que ofrece.
A Alcaldesa de Alfoz e responsable de turismo, Efigenia Maseda, acompañada de dous dos seus concelleiros, Judit e Eliseo, participaron en varias actividades previstas en Fitur como a presentación do vídeo promocional “A Mariña, Galicia de corazón” da man da Mancomunidade de Concellos da Mariña ou o contacto con representantes do sector turístico.
“Alfoz presenta un gran atractivo turístico grazas ao potencial que o Concello ofrece. Dentro das súas fortalezas atopamos as súas xentes, a gastronomía, a natureza, a arte, o patrimonio e a lenda; sendo esta última unha distinción importante da que outros destinos carecen” asegurou a Alcadesa.
“Buscamos para o Concello un turismo de calidade e non de cantidade, no que prime o ambiente familiar e de descanso mesturado coa riqueza que Alfoz posúe” engadiu a Alcaldesa.