Guitiriz, 28 de xaneiro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe as feiras do municipio de Lourenzá e a de Parga, que se celebra no de Guitiriz, onde aproveitou para visitar os diferentes postos de ventas e negocios ao tempo que destacaba entre os presentes os importantes beneficios que representa para a saúde o consumo de peixe e marisco dentro dunhas das dietas máis equilibradas que existen, como a atlántica.
O titular de Mar fixo aproveitou para compartir impresións tanto cos consumidores como cos vendedores, apostando polas campañas de promoción dos produtos do mar, tanto polas que desenvolve a propia Consellería como a que, a través do lema ‘Consume do noso’, puxeron en marcha as propias confrarías e as empresas depuradoras de moluscos. Coincidiu con tódolos presentes en que non é de recibo que o Goberno central se siga negando a reducir o IVE a produtos do sector primario, como o peixe, o marisco ou a carne, mentres si o fai con outro tipo de alimentos. Esta desvantaxe competitiva debe ser equilibrada cunha redución que se leva reclamando xa hai dous anos para propiciar o incremento do consumo dos produtos do mar e da gandeiría.